O ciclo poético do Concello da Coruña, POETAS DI(N)VERSOS, regresa desde hoxe ao seu lugar de residencia habitual, o Centro Ágora. Este encontro mensual coa poesía de Galicia e do resto do mundo xunta hoxe, luns 29 de novembro ás 20 horas, ao poeta esloveno Ales Steger, a carón dunha voz da poesía galega moza, Jesús Castro Yáñez. O esloveno é tamén narrador, tradutor (do alemán, inglés e español) e editor. Con libros publicados ata en vinte linguas, é membro da Academia das Artes de Berlín e da Alemá da Lingua e Literatura, e Francia nomeouno Cabaleiro das Artes e das Letras. Pola súa banda, Jesús Castro Yáñez naceu en 1992 na aldea de Baltar, A Pastoriza (Lugo). A súa obra tende a se manifestar como híbrida e transmedia, saíndo a luz en papel coma no caso do poemario 'Os nomes e os himnos', Premio Pérez Parallé 2016. Ademais, neste mesmo 2021 publicouse 'Campo de plumas', unha antoloxía de poemas LGBT+ ao longo da historia que Castro Yáñez se encargou de coordinar e traducir.
Para a vindeira cita do luns 13 de decembro espérase á exdirectora do Libro e da Lectura do Ministerio de Cultura, Premio Nacional e Premio Iberoamericano Pablo Neruda 2021, Olvido García Valdés, a carón dun do poeta galego Genaro da Silva. En ambos os dous casos, unha libraría da cidade poñerá á venda os volumes dos autores, dispostos o asinar exemplares das súas obras. Abertos, gratuítos e de arredor dunha hora de duración, os recitais de novembro e decembro soarán sobre as táboas do Auditorio do Ágora en esloveno, castelán e galego. Serán tamén retransmitidos en liña en directo.