'O porco de pé', a novela satÃrica escrita polo ourensán Vicente Risco fai case cen anos, cobrará vida en Ourense grazas á adaptación de Producións Teatráis Excéntricas que se estrea oficialmente o 31 de marzo no Teatro Principal. Previamente, o dÃa 30 haberá unha pre-estrea para escolares e xa despois estrearase o 31 e repetirá función o dÃa 1 de abril. A montaxe dirixida por Quico Cadaval, quen tamén é codramaturgo xunto a Pepe Sendón, percorrerá en xira 12 concellos máis ata outubro e en catro deles −LalÃn, Lugo, O Barco de Valdeorras e Ortigueira− farao ao abeiro da Rede Galega de Teatros e Auditorios. A eles súmanse O Rosal, Santiago de Compostela, Rianxo, A Illa de Arousa, Allariz, Vilalba, VerÃn e Malpica de Bergantiños.
Vicente Risco, unha das almas fundamentais da Xeración NÓS, sinalou nesta obra unha nutrida presenza porcina vestida con elegantes abrigos e chapéus a confundirse cos propios burgueses. A divertidÃsima sátira do ourensán, a medio camiño entre o circo, o barracón, os fantoches e o cabaré, preséntase hoxe con vixencia plena. Segundo a propia compañÃa, "nesta viaxe á fascinante década do 20 do século XX, pasarán como nunha lanterna máxica, anarquistas, deportistas, agraristas, proxenetistas, golpistas, vangardistas, caciquistas, futuristas, pasadistas e presentistas". Con este espectáculo, a compañÃa compostelá reinventa o retrato de Nós e ofrece un teatro de fenómenos cheo de monstros de barracón, con Patricia Vázquez, VÃctor Mosqueira e Evaristo Calvo como elenco. Completan o equipo Carlos Alonso na escenografÃa e no vestiario, Octavio Mas na iluminación e Piti Sanz na banda sonora.