Producións Teatrais Excéntricas estrea o vindeiro mércores 27 a súa nova produción, Carpe Diem, unha obra do autor portugués Rubem Fonseca. O Teatro Principal de Santiago acollerá esta estrea para a que a compañÃa conta en escena con VÃctor Mosqueira, MarÃa Costas, Marcos Vieitez e a música en directo de Mon Orencio alias Mr. Cool. Todos eles baixo a dirección de Quico Cadaval. A trama da obra xira arredor dun adulterio duplo, no que os dous amantes de clase alta están casados. A rutina dos encontros segredos consiste en cinema de barrio e motel barato, moi lonxe do seu ambiente. Entre a fantasÃa do cinema e as obrigas conxugais desenvolvese este drama que acaba levando a un crime. En palco aparecerán o autor, manipulando as súas pequenas criaturas como se fosen ratos de laboratorio, os dous amantes, e un músico, poñendo melodÃas ao acontecer. Rubem Fonseca, o autor da obra, é un especialista no xénero negro policial. Ten sido adaptado ao cinema en moitas ocasións e, en menor medida, ao teatro. Esta é a primeira vez que vai ser representado en Galicia. A obra estará en cartel en Santiago ata o 1 de marzo e despois xa ten unha data o en Ourense, o 7 de abril, o 3 de maio na Illa de Arousa e o 9 de xuño en Sada. A compañÃa Excéntricas está este ano celebrando o seu 15º aniversario e ven de estrear o pasado 16 de febreiro en Vimianzo Tres Vellas (polo menos), un espectáculo de narración oral e palabras cruzadas que ten como protagonistas a Celso SanmartÃn, José Luis Guiterrez "Guti" e Quico Cadaval.