Unha xornada analiza a prehistoria e romanización do Courel

Celébrase en Lugo o 25 de marzo

18/3/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A serra do Caurel é abundante en castros e restos de minería antiga. O vindeiro 25 de marzo celébrase a V Xornada de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense, desta volta centrada na serra do Courel. O obxectivo é estudar o poboamento prehistórico e romano do Courel, a economía de explotación mineira, a relación entre as comunidades existentes e a presenza romana entre outras cuestións. A xornada contará coa participación de Aurora Grandal, que disertará sobre os ósos atopados nas covas da zona e o que significan. O arqueólogo Luis Francisco López analizará os modelos de ocupación castrexa na serra e Enrique Alcorta e M.ª Ofelia Carnero estudarán un dos obxectos máis senlleiros localizados na zona, a Tabula hospitalis. A xornada conta con outras actividades complementarias. A inscrición está aberta.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Courel, Prehistoria, Lugo, Economía...

Claves

Lugares