“O testing consiste en agrupar a un grande número de persoas para que nunha zona establecida tomen o maior número de fotos dixitais”, afirman na nota de prensa difundida pola Asociación Ecoloxista Verdegaia, que organiza canda o Insectarium virtual e SOS Courel unha xornada fotográfica aberta na Serra do Courel para o 6 de setembro. Os visitantes percorrerán cinco itinerarios diferentes da serra que permitirán fotografar a flora e a fauna de invertebrados de diferentes subáreas naturais e xeolóxicas da serra e asà reflexar a riqueza ecolóxica da comarca: a Devesa de Rogueira, os Arredores do Castro de Vilar, o RÃo Pequeño, o Val da Moura e toda unha ruta espeleolóxica polas covas da serra. A segunda parte do testing consiste en que un grupo “formado por máis de 100 expertos”, clasifica, categoriza e cataloga a información das fotos obtidas polos participantes para “obter un banco de datos con todas as especies”.
O obxectivo desta xornada de Testing é, segundo os organizadores, é “reivindicar a protección efectiva dunha das zonas con maior biodiversidade de Europa, gravemente ameazada polo desleixo da administración e a voracidade das empresas minerais”. Os interesados poden consultar o programa inscribirse no sitio web de Verdegaia, na ligazón que publicamos nesta noticia.