Cultura para salvar o medio

Unha mostra achega a riqueza cultural da Serra da Groba

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Cultura para salvar o medio

O perigo de que un parque eólico estrague o contorno dos montes próximos animou os membros do colectivo SOS Serra da Groba a reivindicar a importancia zona. Para o facer, puxeron en marcha a exposición A Serra da Groba. Patrimonio Natural e Cultural reivindica o importante patrimonio ambiental, arqueolóxico e etnográfico desta área coa intención de concienciar sobre todo o que se pode ver afectado polas obra. Desde petróglifos a cabalos de monte, flora ou muíños, a exposición fai un reconto miúdo dos bens desta área. Na actualidade, está exposta na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, e esta mesma semana comeza unha serie de visitas escolares que, combinadas con excursións e cunha guía didáctica, achegarán aos máis novos a riquezas da Groba. Desde SOS Serra da Groba ofertan a mostra para quen teña interese en a empregar.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

De Bartók a Groba

De Bartók a Groba

O Arquivo Sonoro de Galicia difunde unha conferencia de Rogelio Groba sobre Béla Bartók

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guía, Instituto de Estudos Miñoranos, Muíños, Arqueoloxía

Claves

Conceptos
Lugares