Un encontro aborda a creación colectiva desde a ollada da muller

A xornada Artes Conxugadas ao Fío da Muller celébrase o vindeiro 5 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Un encontro aborda a creación colectiva desde a ollada da muller

O proxecto OlaLab propón en Compostela "unha xornada de encontro de artes e artistas de distintas disciplinas conmemorando o mes da muller". O encontro Artes Conxugadas ao Fío da Muller celébrase o vindeiro 5 de marzo a integrará poesía, arte, performance, videocreación, obradoiros abertos de creatividade e a proxección de documentais como Fíos fóra ou Catro na burga. Entre outras propostas haberá lecturas de poemas a cargo de Alicia López, Iria Sobrado, Mariña Pérez Rei, Blanca Cendán e Cleofé Campuzano, conferencias ou a performance Envasadas ao baleiro de Iria Acevedo e Olaia Otero.

Que che parece esta nova?
118 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mariña Pérez Rei, Documentais, Poesía, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas
Conceptos