Iniciativas artísticas conmemoran o Día Internacional da Muller

Lugo acolle A arte de ser muller nun mundo por compartir e Ourense Muller, arte e creatividade

8/3/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: artesociedade
17 lecturas | Compartido 0 veces
A celebración, hoxe 8 de marzo do Día Internacional da Muller ten tamén o seu reflexo na axenda Cultural. Deste xeito, a Deputación de Lugo presentaba onte o ciclo A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0, nova edición dun encontro de creación artística que comprende exposicións, recitais poéticos, obradoiros e visitas guiadas entre outras actividades que se prolongarán ata o vindeiro mes de abril. Pola súa banda, o Museo Municipal de Ourense acolle a exposición Muller, arte e creatividade, que amosa os traballos de artes plásticas de diferentes creadoras galegas. De xeito paralelo, organízanse proxeccións, actuacións musicais e performances que se prolongarán ao longo do mes.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados
Claves temáticas
Conceptos
Lugares