A Sala RosalÃa da sede da Deputación de Pontevedra en Vigo inaugurará o ano expositivo este mércores coa mostra pictórica "Expresiomixta", que o artista Raúl Velloso amosará neste espazo a partir ata o 27 de febreiro. A mostra reúne unha trintena de obras coas que o artista Raúl Velloso, (Cangas, 1965), quere reivindicar o papel da muller galega, alén da muller no mundo, e ao mesmo tempo involucrarse máis "na loita que os homes debemos levar a cabo ao seu carón, para mentalizar á sociedade de que un mundo en igualdade será un mundo máis xusto para todas e todos". Este creador representa á muller lonxe dos estereotipos na historia da arte nos que se obxectualiza, enxalzando o seu fÃsico e relegándoa a roles particulares secundarios. Fronte a esa imaxe, Velloso reflicte á muller "forte, poderosa, intelixente, resolutiva e igual de capaz, nin menos nin máis que ningún home", e inspÃrase na muller galega, "esa muller do mar e do campo que sacou adiante á familia sen ver recoñecido o seu labor profesional e o seu papel esencial da unidade familiar".
Segundo o comunicado do ente provincial, Raúl Velloso, de formación autodidacta, descubriu a súa vocación nos anos 90 cando residÃa en Barcelona e foi descuberto por Antoni Tà pies, que durante anos lle ensinou na súa propia casa as técnicas de pigmentos, texturas e da cor que Velloso ten convertido no seu estilo caracterÃstico. Ten exposto nas feiras de arte máis prestixiosas do mundo, como a Art Basel Miami, Art Basel Switzerland ou Arco en Madrid, amais de en prestixiosas galerÃas de Barcelona, Madrid, Chicago, Kyoto, BerlÃn, Xénova ou Londres, alén de Galicia. Na apertura do dÃa 12 actuarán Noelia Leite e Marcela Porto, dúas intérpretes de percusión novas pero xa recoñecidas da provincia de Pontevedra. Noelia Leite, de Moaña, combina a súa faceta formativa en percusión coa interpretación e a dirección coral, e forma parte do grupo Abmiram Quartet (semifinalista no programa Got Talent) desde 2018. Ten colaborado tamén con diversas bandas de música e orquestras, e forma parte da Orquestra Clásica de Vigo e do grupo de cámara da súa sección de percusión. Pola súa banda, Marcela Porto, da Estrada, é percusionista e baterÃa do grupo A Banda da Loba, co que está a finalizar o cuarto traballo discográfico.