Compostela acolle a segunda edición de Crash!!

O encontro de performances comeza hoxe e prolóngase ata o sete de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Compostela acolle a segunda edición de Crash!!

Catorce creadores e grupos participan desde hoxe en Crash!! Segunda colisión de performances. O encontro que organizan as compostelás galería Metro e Aire Centro de Arte amosa o traballo dos participantes tamén o día 28 e, xa na vindeira semana, os días 5, 7 e 8 de marzo. O programa comeza hoxe ás 20 horas coa proxección dun documental sobre a anterior edición do evento, en 2012, e continúa coa performance MIO realizada por Neves Seara e Mónica Mura. Canda a elas, o programa inclúe accións de artistas como Alfonso Ribera, Uxía Amigo, Paulova, Reina D'Hoore, Iria Sobrado, Baula Escena ou Jesús Oteroyglesias.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Arte que se move

Arte que se move

A Galería Metro reivindica a performance en Compostela coa iniciativa Crash!!

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Neves Seara, Documental, Galería, Seara...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos