O feito de que unha galería de arte promova o desenvolvemento de obras que, a priori, non son comercializables resulta, cando menos curioso. En Compostela, Metro presenta esta semana Crash!! primeira colisión de performances. Con esta proposta queren dar a coñecer un xénero a miúdo descoñecido polo grande público, promover novos creadores e buscar vías de mercado.
Unha performance, entendida como unha miniactuación concreta que se realiza ao vivo non semella unha peza de arte comercializable. O feito de que este tipo de proposta se compoña basicamente de tempo, espazo, o corpo do artista a mais a súa relación co público dificulta que se poida pór á venda do mesmo xeito ca un cadro ou unha escultura. Por iso non é de sorprender que na maior parte dos casos estas actividades, no noso país, fiquen restrinxidas a espazos institucionais ou ben que se desenvolvan, de xeito desinteresado, da man de artistas en pequenos locais. No entanto, esta semana a axenda cultural compostelá presenta unha grande oferta neste sentido. Crash!! primeira colisión de performances é o título co que a Galería Metro convocou de xeito aberto a todas as persoas e colectivos interesados a participar nunha actividade que se desenvolve nas súas instalacións todas as tardes, de seis e media a nove, entre os días 5 e 9 de xuño. En total serán 25 accións artísticas que se distribúen entre xéneros como as performances, a arte sonora, as instalacións, os happenings ou a danza contemperánea. Son moitos artistas e moi diferentes, recoñece Eva Morquecho, unha das responsables da galería e comisaria do proxecto canda a Paula González.
Obxectivos
Segundo explica Morquecho, a atrevida proposta xorde porque estas formas de arte non son moi coñecidas, ao mellor porque non se consideran parte do mercado, fanse só puntualmente. Queremos dinamizar este tipo de iniciativas e darllas a coñecer ao público. Precisamente a difícil comercialización deste tipo de proxectos, ao non haber pezas físicas, explica en certo xeito a súa escasa difusión. Desde Metro advirten que aínda que en Galicia non se fai moito, fóra si que hai un certo mercado, que se basea sobre todo na venda de gravacións sonoras ou videográficas dos eventos. Precisamente a busca de crear un primeiro mercado arredor destas formas de creación está tamén detrás do primeiro encontro. É difícil dedicarlle un ciclo a estes xéneros desde unha galería. Pero nós estamos convencidos de que é algo imprescindible para a creación artística.
Temas e formas
Á hora de buscar algún fío común entre os participantes, Morquecho apunta que o programa acolle obras unha grande variedade de temáticas. Se acaso, pódese apuntar que no fondo a conexión está en que todas as producións aparecen como un reflexo das inquedanzas actuais que teñen os artistas do mundo que estamos a vivir e do día a día. Os propios problemas dos creadores a respecto da sexualidade, a crise ou a sociedade. Canda a isto, apunta traballos como os de Ana Gil ou Bea Romart. Hai varias propostas feitas por mulleres centradas na experiencia creativa da condición feminina. Como exemplos adianta que hai unha peza de danza contemporánea que tenta expresar a angustia vital ante a morte. Tamén teremos unha instalación luminosa que simplemente se vai apagando no transcurso da tarde. E hai outras propostas máis corporais, con proxeccións de vídeo e representacións ao vivo, sinala. Suso Basterrechea, Sther F. Carrodeguas, Lomarti, o grupo 3coma1, Nerea Santiesteban ou a escola de danza Pábulo son algúns dos creadores que responderon á convocatoria aberta que realizou a galería e que se poderán ver no evento.
Situación en Galicia
Fronte a esta ausencia de exhibición, Morquecho apunta que aínda que non se pode falar dun auxe destas formas, si que hai xente moi preparada. Coincide con ela González, a outra comisaria do evento, quen apunta que queda moito por explorar, pero hai xente nova que na miña opinión pode ter bastantes posibilidades. Encol das actuacións que se poderán ver estes días, sen querer dar nomes, sinala que hai xente bastante asentada, que promete facer cousas incribles, e xente que non se coñece tanto e que agardamos que dea que falar.
Quen o fai
Os creadores que apostan por este tipo de disciplinas fano na maior parte dos casos como unha propostas secundaria. Segundo sinala González, en xeral non teñen este como único soporte de traballo. Tampouco o mercado o permite. En moitos casos son xente que lle gusta expresarse co corpo e que aproveita iniciativas como esta. Morquecho apunta que moitos son pintores e escultores que teñen tamén necesidade de facer algo co seu corpo. Segundo as impresións dos creadores que recolleron estas comisarias, este tipo de propostas resulta unha forma moito máis íntima de reflectir as súas preocupacións mediante o corpo. É algo efémero que lles permite contactar de xeito directo co público, sen a mediación da obra de arte, lembra Morquecho.
Cómo ver performances
A proposta supón unha concentración inédita de performances no noso país. Hai moi poucas oportunidades para desenvolver este tipo de eventos. Algunhas institucións fan eventos, pero polo xeral poden verse só en espazos máis privados, en círculos case fechados. Noutros lugares é moito máis normal que a xente entre nunha galería e atope videocreación, ou arte sonora e o merque, lembra Morquecho. Nese sentido, González salienta que o feito de amosar tantas cousas xuntas resulta moi atractiva para a xente, pero non se fan de xeito habitual. Agardamos que axuda a amosar as posibilidades da arte ao vivo.
Malia á relativamente escasa difusión desta disciplina en Galicia, nos últimos anos desenvolvéronse no país encontros como o encontro Presenza activa no MARCO, ou as xa clásicas Xornadas de Arte de Acción que organiza desde hai sete anos o espazo pontevedrés Chámalle X, vencellado á facultade de Belas Artes. Malia á desaparición de festivais como En pé de pedra, que achega propostas vencelladas á performance dentro da súa programación de danza contemporánea, semella que a arte ao vivo continúa a buscar os seus camiños na nosa axenda cultural. Desde Metro, desde logo, pretenden que o Crash!! teña continuidade. Do público depende.
Programa de Crash!!.Unha performance, entendida como unha miniactuación concreta que se realiza ao vivo non semella unha peza de arte comercializable. O feito de que este tipo de proposta se compoña basicamente de tempo, espazo, o corpo do artista a mais a súa relación co público dificulta que se poida pór á venda do mesmo xeito ca un cadro ou unha escultura. Por iso non é de sorprender que na maior parte dos casos estas actividades, no noso país, fiquen restrinxidas a espazos institucionais ou ben que se desenvolvan, de xeito desinteresado, da man de artistas en pequenos locais. No entanto, esta semana a axenda cultural compostelá presenta unha grande oferta neste sentido. Crash!! primeira colisión de performances é o título co que a Galería Metro convocou de xeito aberto a todas as persoas e colectivos interesados a participar nunha actividade que se desenvolve nas súas instalacións todas as tardes, de seis e media a nove, entre os días 5 e 9 de xuño. En total serán 25 accións artísticas que se distribúen entre xéneros como as performances, a arte sonora, as instalacións, os happenings ou a danza contemperánea. Son moitos artistas e moi diferentes, recoñece Eva Morquecho, unha das responsables da galería e comisaria do proxecto canda a Paula González.
Obxectivos
Segundo explica Morquecho, a atrevida proposta xorde porque estas formas de arte non son moi coñecidas, ao mellor porque non se consideran parte do mercado, fanse só puntualmente. Queremos dinamizar este tipo de iniciativas e darllas a coñecer ao público. Precisamente a difícil comercialización deste tipo de proxectos, ao non haber pezas físicas, explica en certo xeito a súa escasa difusión. Desde Metro advirten que aínda que en Galicia non se fai moito, fóra si que hai un certo mercado, que se basea sobre todo na venda de gravacións sonoras ou videográficas dos eventos. Precisamente a busca de crear un primeiro mercado arredor destas formas de creación está tamén detrás do primeiro encontro. É difícil dedicarlle un ciclo a estes xéneros desde unha galería. Pero nós estamos convencidos de que é algo imprescindible para a creación artística.
Temas e formas
Á hora de buscar algún fío común entre os participantes, Morquecho apunta que o programa acolle obras unha grande variedade de temáticas. Se acaso, pódese apuntar que no fondo a conexión está en que todas as producións aparecen como un reflexo das inquedanzas actuais que teñen os artistas do mundo que estamos a vivir e do día a día. Os propios problemas dos creadores a respecto da sexualidade, a crise ou a sociedade. Canda a isto, apunta traballos como os de Ana Gil ou Bea Romart. Hai varias propostas feitas por mulleres centradas na experiencia creativa da condición feminina. Como exemplos adianta que hai unha peza de danza contemporánea que tenta expresar a angustia vital ante a morte. Tamén teremos unha instalación luminosa que simplemente se vai apagando no transcurso da tarde. E hai outras propostas máis corporais, con proxeccións de vídeo e representacións ao vivo, sinala. Suso Basterrechea, Sther F. Carrodeguas, Lomarti, o grupo 3coma1, Nerea Santiesteban ou a escola de danza Pábulo son algúns dos creadores que responderon á convocatoria aberta que realizou a galería e que se poderán ver no evento.
Situación en Galicia
Fronte a esta ausencia de exhibición, Morquecho apunta que aínda que non se pode falar dun auxe destas formas, si que hai xente moi preparada. Coincide con ela González, a outra comisaria do evento, quen apunta que queda moito por explorar, pero hai xente nova que na miña opinión pode ter bastantes posibilidades. Encol das actuacións que se poderán ver estes días, sen querer dar nomes, sinala que hai xente bastante asentada, que promete facer cousas incribles, e xente que non se coñece tanto e que agardamos que dea que falar.
Quen o fai
Os creadores que apostan por este tipo de disciplinas fano na maior parte dos casos como unha propostas secundaria. Segundo sinala González, en xeral non teñen este como único soporte de traballo. Tampouco o mercado o permite. En moitos casos son xente que lle gusta expresarse co corpo e que aproveita iniciativas como esta. Morquecho apunta que moitos son pintores e escultores que teñen tamén necesidade de facer algo co seu corpo. Segundo as impresións dos creadores que recolleron estas comisarias, este tipo de propostas resulta unha forma moito máis íntima de reflectir as súas preocupacións mediante o corpo. É algo efémero que lles permite contactar de xeito directo co público, sen a mediación da obra de arte, lembra Morquecho.
Cómo ver performances
A proposta supón unha concentración inédita de performances no noso país. Hai moi poucas oportunidades para desenvolver este tipo de eventos. Algunhas institucións fan eventos, pero polo xeral poden verse só en espazos máis privados, en círculos case fechados. Noutros lugares é moito máis normal que a xente entre nunha galería e atope videocreación, ou arte sonora e o merque, lembra Morquecho. Nese sentido, González salienta que o feito de amosar tantas cousas xuntas resulta moi atractiva para a xente, pero non se fan de xeito habitual. Agardamos que axuda a amosar as posibilidades da arte ao vivo.
Malia á relativamente escasa difusión desta disciplina en Galicia, nos últimos anos desenvolvéronse no país encontros como o encontro Presenza activa no MARCO, ou as xa clásicas Xornadas de Arte de Acción que organiza desde hai sete anos o espazo pontevedrés Chámalle X, vencellado á facultade de Belas Artes. Malia á desaparición de festivais como En pé de pedra, que achega propostas vencelladas á performance dentro da súa programación de danza contemporánea, semella que a arte ao vivo continúa a buscar os seus camiños na nosa axenda cultural. Desde Metro, desde logo, pretenden que o Crash!! teña continuidade. Do público depende.
Galería: Performances
Imaxe da performance Entregas de Ana Gil. Fonte: Galería Metro
Imaxe da performance Entregas de Ana Gil
Fonte: Galería Metro
Imaxe da performance Mea culpa de Bea Romarty
Fonte: Galería Metro
Imaxe da performance Corazón de Bea Romarty
Fonte: Galería Metro