A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) ven de presentar hoxe a que é a nova edición do catálogo da produción audiovisual galega que se utilizará con fins promocionais e comerciais nos encontros e feiras internacionais. A nova entrega do 'Films from Galicia' recolle nas súas páxinas 58 títulos que ofrecen unha completa panorámica do momento do audiovisual galego. Os contidos inclúen as cintas máis recentes, algunhas pendentes de estrea en salas como 'Malencolía', Jacinto, 'La Parra' ou 'Código emperador' entre outras. A produción audiovisual galega dentro deste novo catálogo distribúese en 22 longametraxes, 19 documentais, 6 cintas de animación e 11 series, miniseries ou películas para TV.