Preséntase o catálogo Films from Galicia 2016

O volume recolle 57 producións audiovisuais galegas

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) daba a coñecer onte, no marco do Festival Internacional de Cinema de Ourense, a edición deste ano do catálogo Films from Galicia. O volume que representará o noso audiovisual en diferentes feiras e eventos internacionais recolle nesta nova xeira un total de 57 producións divididas nas seccións Pics para longametraxes de ficción, Toons (animación), Docs para os documentais e TV a recoller todo tipo de produtos televisivos. En total son 19 longametraxes, sete propostas de animación, 19 documentais e 12 títulos para a TV os que se poden atopar no catálogo, dispoñible en liña.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, Animación, Cine, Axencia Galega das Industrias Culturais...