Baiona incorpórase ao circuíto de eventos poéticos do país. Estes 19 e 20 de marzo o Multiusos Mercado de Sabarís acollerá os actos do I Festival Poético Baiverso. Na primeira das xornadas recitarán M.ª Xosé Queizán e Cynthia Menéndez, con Law + GazzFunkdation a achegar a ambientación musical. A sesión finalizará cun concerto-recital a cargo de Cinta Adhesiva.
Domingo desenvolverase un obradoiro de Lettering, e Xardín Desordenado e Graciela Baquero achegarán a música á sesión vermut. O programa fai parte do Mes da Poesía, no que o Concello programa diferentes actividades como diferentes obradoiros de creación e un roteiro poético.


