Fala o Mar leva a poesía a Combarro

A terceira xeira do encontro desenvólvese entre os días 5 e 6 de xullo nesta vila

5/7/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación Armadiña, co apoio da Deputación de Pontevedra e do Concello de Poio, inicia hoxe a terceira edición de Fala o Mar. O festival poético de Combarro abre ás 18.30 horas do 5 de xullo as súas portas coa proxección do documental Vértice de Versos e cun coloquio co seu director, Carlos Lorenzo. Ricardo Barreiro, Helena Salgueiro, Cynthia Menéndez, Daniel Irimia Yáñez, Lucía Novas, Cesar Souto, Noelia Gómez, Rafa Lobelle e un feche a cargo de Lois Pérez son os nomes que achegerán os seus versos e performances ao evento ata o día seis. Canda a eles, Míriam Ferradáns impartirá un obradoiro poético para crianzas na mañá de sábado.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Combarro, Poio, Poesía, Helena Salgueiro...