A terceira edición do festival audiovisual CURTAS ARMADIÑA dá comezo hoxe na localidade pontevedresa de Poio ás súas actividades e proxeccións, que prolongarán ata o vindeiro día 19 de novembro. Este ano o evento organizado pola Asociación Cultural Deportiva e Medioambiental Armadiña presenta numerosas novidades coas que vai crecendo como cita co audiovisual e como ferramenta social máis alá da concepción de certame de exhibición de curtametraxes.
Ademais da súa sección de competición oficial que outorgará as Áncora de Ouro (Premio do Xurado) e Prata (Premio do Público) o Curtas Armadiña presenta este ano unha sección medioambiental, que incluirá filmes que comprometidos co medio natural e cuxa cinta gañadora será elixida por un xurado formado por catro organizacións de carácter ecoloxista como ADEGA, APDR, Amigos da Terra e Greenpeace. Un Xurado Novo, formado por adolescentes de entre 15 e 17 anos do IES de Poio elixiran este ano o mellor videoclip en lingua galega dos últimos dous anos, unha novidade que aparece como apoio á industrioa musical na nosa lingua. O IIIº festival audiovisual Curtas Armadiña 2017 incorporará por vez primeira, unha serie de tres obradoiros gratuítos destinados a todos os públicos, un deles especialmente destinado ás crianzas, nos que se amosaran diversas partes do traballo audiovisual desde o guío ate a propia dirección ou a fotografía.
Como outra novidade este ano comeza a outorgarse o Premio Curtas Armadiña, un galardón honorífico creado para recoñecer o talento de profesionais do audiovisual galego e que inaugúrase coa actriz compostelá Nerea Barros Santiago, 1981). Gañadora do Premio Goya como actriz revelación por (2014), Barros ven destacando no audiovisual con numerosos traballos en cine e televisión desque debutou en Nena (Xavier Bermúdez, 1997). O seu traballo máis recente, A estación violenta, de Anxos Fazáns, foi rodado en Pontevedra e ven de ser estreado no Festival de Cine Europeo de Sevilla. O premio entregaráselle co resto dos galardóns do certame o domingo 19 na gala de clausura.
O xurado que decidirá o Premio Áncora de Ouro á mellor curtametraxe este ano está integramente formado por mulleres coa fin, segundo os organizadores, de destacar o inmenso talento feminino co que contamos en Galiza e que aínda na actualidade precisa de máis espazos de visibilidade e recoñecemento. Formarán parte dese xurado Keka Losada, María Salgueiro, Lucía Estévez, Silvia Fuentes e Tamara Andrés, en representación da comisión organizadora.