O I Festival Poético Baiverso chega a Baiona

Celébrase os días 19 e o 20 de marzo en Sabarís a combinar versos e música

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O I Festival Poético Baiverso chega a Baiona

Baiona incorpórase ao circuíto de eventos poéticos do país. Estes 19 e 20 de marzo o Multiusos Mercado de Sabarís acollerá os actos do I Festival Poético Baiverso. Na primeira das xornadas recitarán M.ª Xosé Queizán e Cynthia Menéndez, con Law + GazzFunkdation a achegar a ambientación musical. A sesión finalizará cun concerto-recital a cargo de Cinta Adhesiva.

Domingo desenvolverase un obradoiro de Lettering, e  Xardín Desordenado e Graciela Baquero achegarán a música á sesión vermut. O programa fai parte do Mes da Poesía, no que o Concello programa diferentes actividades como diferentes obradoiros de creación e un roteiro poético.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Baiona, Cynthia Menéndez, Obradoiro, Poesía

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares