Directores e restauradoras das filmotecas española e catalá participan hoxe na xornada "Filmotecas e patrimonio audiovisual" que organiza a Comisión Técnica Temporal de Xestión e PolÃticas Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG) en Santiago e que pode seguirse xa en liña ou recuperarse posteriormente para o seu visionado. A xornada pretende reflexionar sobre algunhas das cuestións susceptibles de mellora e chaves no universo das filmotecas sobre o papel real que des3empeñan estes organismos ou a súa propia definición no presente. Josetxo Cerdán, director da Filmoteca Española, Esteve Riambau, director da Filmoteca de Catalunya, son algúns dos participantes deste encontro coordinado polo xestor Sergio Lago e o historiador do cinema José Manuel Rey Sande, no que proxectarán e comentarán filmes históricos restaurados.
Nesta xornada tomarán parte Marián del Egido, directora do Centro de Conservación y Restauración da Filmoteca Española, e Mariona Bruzzo, xefa do Centre de Conservació i Restauració da Filmoteca de Catalunya. Ambas abordarán a importancia da restauración, conservación e divulgación do patrimonio audiovisual. Ao fÃo deste tema, as dúas relatoras ofrecerán pola tarde unha sesión práctica na que se proxectarán e comentarán varios exemplos de audiovisuais restaurados. Nesta sesión falarase da pioneira pelÃcula rodada en cor en España, 'Pontevedra, cuna de Colón', de Enrique Barreiro, restaurada pola Filmoteca Española coa colaboracion da Filmoteca de Galicia. Desde a Filmoteca de Catalunya proxéctase o filme mudo 'Dragons traversat La Saône à la nage da Cinématographe Lumière do ano 1896); Derna y Antigua (Rome moderna et antique)i puente de los suspiros (Pont des souspirs)', da serie Excursion en Itali de Camille Legrand e "MENJANT GAROTES" que Luis Buñuel dirixiu en 1930.