Ás 10 da mañá deste 9 de febreiro o web do Consello da Cultura Galega inicia a publicación dos relatorios que conforman a xornada Futuros presentes: conversas sobre cultura e sustentabilidade. Esta iniciativa, que coordina Alberto García e organiza a Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais do CCG, pretende "favorecer que as axendas políticas e culturais teñan en conta as dimensións da sustentabilidade como filosofía (e práctica) para o sector cultural galego, así como elaborar materiais concretos que guíen os criterios de sustentabilidade necesarios para desenvolver proxectos culturais". Jaime Vindel, investigador do Instituto de Historia do CSIC e Lluis Bonet, director do programa de xestión cultural da Universitat de Barcelona protagonizan os primeiros relatorios.
Para o día 10 está prevista a publicación dun Panel de experiencias de proxectos culturais sustentables en Galicia e un avance do informe Cultura e sustentabilidade. Repensando os xeitos de facer cultura. O xoves 11 publicarase na rede a mesa Políticas culturais que poñen a vida no centro e o venres a mesa. Óliver Laxe, Agar Ledo, Julio Gómez, Anabel Gulías, Encarna Lago ou Fran Quiroga participan no encontro, no que se presentarán iniciativas como o Cinema Palleiriso, a Oficina Galega de Artes do Movemento ou o encontro de debuxo de Senderiz. A partir da actividade elaborarase un decálogo de recomendacións para o deseño e implementación dun proxecto cultural sustentable.
Para o día 10 está prevista a publicación dun Panel de experiencias de proxectos culturais sustentables en Galicia e un avance do informe Cultura e sustentabilidade. Repensando os xeitos de facer cultura. O xoves 11 publicarase na rede a mesa Políticas culturais que poñen a vida no centro e o venres a mesa