Situar a cidadanÃa no centro da acción cultural, entender a cultura desde unha perspectiva ampla, priorizar o investimento público cultural no reforzo de persoal e favorecer unha economÃa máis social son algúns dos aspectos que contempla o Decálogo para unha cultura sustentable en Galicia, documento elaborado pola Comisión Técnica Temporal de Xestión e PolÃticas Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG)e presentado onte. Dolores Vilavedra é a coordinadora da Comisión Técnica Temporal de Xestión e PolÃticas Culturais, integrada por Marcos Lorenzo, Marián Fernández, Alberto GarcÃa, Encarna Lago, Xavier Campos, Segio Lago, Agar Ledo e Belén Pichel. Esta sÃntese, que está dispoñible na páxina web institucional do CCG é o resultado das achegas realizadas por diferentes expertos e axentes culturais no marco da xornada "Futuros presentes, conversas sobre cultura e sustentabilidade" desenvolvida o pasado mes de febreiro.
O decálogo, segundo indica o CCG, propón un cambio de modelo no que a cultura se entenda desde unha perspectiva ampla, que busque unha economÃa da cultura máis social que promova fórmulas cooperativistas que contribúen ao desenvolvemento local e a unha maior estabilidade do emprego e dos proxectos. Nesa lóxica de traballo, o decálogo motiva a reformular os grandes eventos culturais cunha ollada á proximidade, á viabilidade e á diversificación dos proxectos. E non só iso, desde unha lóxica de sustentabilidade propón evitar o gasto en novas infraestruturas a prol de maior reforzo de persoal e mantemento de estruturas. Esta comisión avoga polo apoio aos procesos de transformación dixital e de internacionalización da cultura. Nesta nova lóxica de traballo, un dos puntos centrais pasa porque a cidadanÃa estea no centro das polÃticas públicas, que teña en conta o carácter rural da cultura galega e que se preste atención aos retornos sociais non monetarios.
Vindeiro informe
Este decálogo verase complementado no futuro co informe Cultura e sustentabilidade. Repensando os xeitos de facer cultura, cuxo avance presentou Fran Quiroga durante a mesma xornada. O documento, que estará listo para o segundo semestre de 2021, ten un carácter informativo cunha marcada vocación práctica. Nel identifÃcanse experiencias relevantes a modo de cartografÃa e incluirá un decálogo e recomendacións para a mellora da cultura e da sustentabilidade. Fran Quiroga explicou que “nesta primeira fase estamos a realizar unha análise de iniciativas para coñecer a diversidade desta realidade e poder extraer conclusións”. Na súa intervención explicou que o informe é de carácter cualitativo e focaliza a súa análise en diferentes proxectos que traballan arredor da sustentabilidade e que manteñen unha serie de caracterÃsticas comúns, como o uso de recursos locais, que traballan co contexto, que teñen unha baixa pegada ecolóxica, que tecen comunidade e ofrecen un retorno á sociedade, entre outros valores.