Convócase a VI edición de Curtas 09

Os catro proxectos recibirán 3.000 euros, ademais da inclusión no catálogo

25/2/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O Consorcio Audiovisual de Galicia acaba de anunciar a convocatoria da sexta edición do seu catálogo de curtametraxes, Curtas 09. Esta iniciativa seleccionará tres proxectos (o cuarto é o gañador do Festival de curtametraxes de Cans) que, ademais de recibir 3.000 euros, farán parte do listado. O proxecto suporá a difusión nos festivais nacionais e internacionais nos que participa o Consorcio Audiovisual de Galicia, ademais de ser distribuído entre as diferentes institucións culturais, filmotecas, institucións e organismos nacionais e estranxeiros cos que o Consorcio mantén relacións de colaboración.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consorcio Audiovisual de Galicia, Cans

Claves

Lugares