A canle de TV autonómica dispoñible non ten pretendentes

A Xunta declara deserto o concurso polo cal ofrecía a licenza da que foi V Televisión

| Santiago. Redacción | Seccións: ComunicaciónLinguaAudiovisual
Compartir:

O concurso aberto pola Xunta de Galicia para outorgar unha licenza de emisión de televisión en aberto de ámbito autonómico ficou deserto. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que declara deserto o concurso público convocado en novembro do pasado ano. A licenza que estaba dispoñible era a que no seu momento tiña o Grupo Voz e á que renunciou tras o peche da súa canle V Televisión. Semella que ningunha empresa privada amosou interese por acceder a esta licenza tal e como está formulada nas bases do procedemento.

A licenza concedíase, segundo os pregos, por quince anos. Entre os requisitos formulados pola Xunta, estaba o de dispoñer de estudios de produción propia no ámbito de cobertura da licenza cunha "estrutura informativa de ámbito galego formada por profesionais da información". A nova televisión deberá emitir 32 horas semanais de programas orixinais, "fomentando a difusión de servizos televisivos de ámbito autonómico" e deberá empregar a lingua galega de acordo aos termos previstos pola lei de normalización lingüística, nun 50% dos programas de produción propia. Compre recordar que a outra licenza existente para televisión autonómica de titularidade privada traspasouse recentemente coa aprobación da Xunta, entre o seu titular inicial, Radio Popular, S.A. (COPE), cara a un novo operador privado, a empresa Squirrel Media S.A. liderada polo lucense Pablo Pereiro Lage.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Fecha V Televisión

A canle televisiva de La Voz de Galicia cesou as súas emisións o 1 de xaneiro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xunta de Galicia, Lei de Normalización Lingüística, Lingua galega, Medios de comunicación