A Xunta abre un concurso para unha nova licenza de televisión privada en Galicia

A licenza outorgarase por un prazo de quince anos renovables

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe as bases para rexir un concurso público para a "prestación do servizo de comunicación audiovisual de ámbito autonómico e titularidade privada", é dicir, unha canle adicional de ámbito galego de capital privado. Esta licenza concederase por quince anos. Entre os requisitos formulados pola Xunta, está o de dispoñer de estudios de produción propia no ámbito de cobertura da licenza cunha "estrutura informativa de ámbito galego formada por profesionais da información". A nova televisión deberá emitir 32 horas semanais de programas orixinais, "fomentando a difusión de servizos televisivos de ámbito autonómico" e deberá empregar a lingua galega de acordo aos termos previstos pola lei de normalización lingüística, nun 50% dos programas de produción propia.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Fecha V Televisión

A canle televisiva de La Voz de Galicia cesou as súas emisións o 1 de xaneiro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lei de Normalización Lingüística, Comunicación Audiovisual, Lingua galega