O concurso para o museo de San Martiño de Mondoñedo queda deserto

A Xunta volverá a sacar a concurso a subministración

22/6/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A catedral de San Martiño de Mondoñedo (Foz) tiña convocado un concurso público para a "subministración da fabricación e instalación do proxecto expositivo/museográfico", por preto de 50.000 euros máis impostos. Sen embargo, o Diario Oficial de Galicia anunciou hoxe que o concurso ficou deserto por exclusión do procedemento da única empresa que se presentara. Desde a Xunta xa anunciaron que o proxecto volverase a sacar a concurso en breve.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Martiño, Mondoñedo, Catedral, Foz

Claves

Lugares