
En termos de presenza en cartel os artistas galegos supoñen máis o 40% da programación, segundo indican desde a organización. Con diferentes estilos e pasando por diversas franxas de idade en O Son da Camiño estarán Sen Senra, Triángulo de Amor Bizarro, The Killer Barbies con Silvia Superstar, Budiño, Kings of The Beach, Boyanka Kostova, Escichando Elefantes, Furious Monkey House, Wöyza, Pablo Lesuit ou Guadi Galego. Estarán tamén A organización asegura que aÃnda quedan artistas por confirmar.
Ampliación de capacidade
Unha das novidades de O Son Do Camiño 2022 será a presentación efectiva da ampliación de capacidade do recinto no Monte Do Gozo. Os traballo para aumentar esta entrada de xente xa se levaron a cabo en anos anteriores pero por mor da pandemia non se puideron utilizar dese xeito. AsÃ, esta terceira edición poderá acoller a máis de 100.000 persoas no espazo compostelán. Unha ampliación que supón un aumento dun vinte por cento nun recinto que ademais engadirá un terceiro escenario. A Zona de Descanso estará preparada, segundo a organización, para acoller ata 4.000 persoas. Os abonos poranse á venda o vindeiro mércores 9 de marzo ás 12.30h.