As filtracións que os medios de comunicación avanzaban nos últimos dÃas sobre o cartel do festival O Son do Camiño non Ãan erradas en absoluto, demostrando que cada vez resulta máis complicada a estratexia comunicativa de agardar a unha rolda de prensa oficial encabezada polo representante da Xunta para desvelar os nomes do programa dunha soa vez. Hoxe a Cidade da Cultura volveu a albergar a rolda de prensa de presentación do evento promovido polas empresas Esmerarte e Bring the Noise, convocada para os medios en exclusiva desde os gabinetes oficiais da Xunta. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román RodrÃguez, xunto coas empresas organizadores presentou as novidades do evento que se celebrará no Monte do Gozo os dÃas 18, 19 e 20 de xuño.
Confirmouse a aposta xa avanzada en varios medios polas músicas urbanas -unha etiqueta tan ampla como inxusta- con estrelas do reggaetón coma os portorriqueños Daddy Yankee e Bad Bunny xunto aos artistas do hip hop como o veterano Kase.O ou os populares Natos & Waor. Ademais deles, en clave máis pop e rock internacional os encabezamentos inclúen ao ex Oasis Liam Gallagher, ao estadounidense Jason Derulo e ás bandas The National, Editors e Foals. A electrónica e a música de baile de club as porán The Chemical Brothers e os Dj´s Armin Van Buuren, Timmy Trumpet e Dj Shake. Con estes nomes "grandes" como gancho principal, a parte media deste cartel da terceira edición de O Son do Camiño reforza respecto a anos anteriores a presenza da escena musical galega conseguindo ser un escaparate da nosa música, que, en termos xerais, representa o 40% da programación grazas a 15 presenzas con diferentes estilos e pasando por diversas franxas de idade, entre os cales destacan Xoel López, Triángulo de Amor Bizarro, The Killer Barbies, Budiño, Guadi Galego, Presumido, Sen Senra, Wöyza, Furious Monkey House, Boyanka Kostova ou Cora Velasco entre outros. A distribución dos artistas por dÃas, horarios e escenarios aÃnda non se coñece. Como novidade loxÃstica este ano o recinto ampliado en aforo por riba dos 30.000 asistentes diarios, contará cun terceiro escenario para as actuación musicais. Os abonos poñeranse á venda a un prezo inicial de 59 euros (menos de 20 euros por dÃa) o martes 10 de marzo ás 14h. na web de entradas Eventbrite. pe de foto