Con este cartel o Son do Camiño amosa a súa máxima ambición resultando homologable na súa oferta a outras das grandes citas deste tipo e tamaño na penÃnsula. O festival promovido pola empresa galega Esmerarte Industrias Creativas xunto con Bring The Noise, conta co "apoio activo" da Xunta de Galicia e o Xacobeo. Antes de presentar cartel xa fixo unha venda de abonos colocando ata 33.000 en poucas horas. Mañá, venres, ás 12:30 horas sairán a venda o resto de abonos dispoñibles, quedando para máis adiante a venda de entradas por dÃas. O recinto do Monte do Gozo está preparado para albergar ata 100.000 persoas e, segundo o anuario da APM, pola pasada edición do festival en Santiago pasaron ata 115.000 asistentes nos tres dÃas do evento. O Festival O Son do Camiño levou o premio a mellor festival español en canto a Comunicación & Estratexia de marketing nos pasados Premios Iberian Fest.