Darío Xohán Cabana, o escritor da "lingua de ouro"

O poeta e profesor Miro Villar publica no Álbum de Galicia dunha ampla biografía sobre Darío Xohán Cabana

17/2/2022 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
4 lecturas | Compartido 0 veces

Darío Xoán Cabana recitando na Homenaxe a Moncho Reboiras no cemiterio de Imo (1979). Foto: ANT

O poeta e profesor Miro Villar é o autor da nova biografía do Álbum de Galicia, dedicada ao escritor Darío Xohán Cabana, morto en novembro de 2021. A biografía, enriquecida con documentación multimedia, bibliografía e textos do autor de diferentes xéneros, retrata a profunda imbricación entre a biografía, o pensamento político e social e a creación literaria en Darío Xohán Cabana. Villar detense na actividade poética, na narrativa do autor e no seu papel como tradutor, prestando atención ás súas diferentes etapas literarias e na relación e inspiración cos seus escritores de refrencia. "Toda esta poligrafía foi escrita nunha lingua de ouro", sinala Villar, "que bebe do léxico patrimonial da tribo labrega chairega e forma unha amálgama coa nosa máis antiga tradición literaria". A biografía do Álbum permite achegarse ás múltiples facetas do autor, incluíndo os seus encrucillados diarios na prensa galega.

Universo culturagalega.gal

04/05/2001

Entrevista a Darío Xohan Cabana

Darío Xohán Cabana “Non quero vivir da literatura. Eu quero escribir cando non teña máis remedio que escribir”