Un poeta por riba de todo

Alvarellos aborda a publicación da obra completa de Darío Xoán Cabana

| Santiago. Redacción. | Seccións: Literatura
Compartir:

“Non sei se nun caso de escritor total coma o de Darío Xohán Cabana procede mellor que en ningún outro dicir que é poeta por riba de todo”, explica o investigador literario e presidente da Fundación Rosalía de Castro Anxo Angueira no limiar de Semente de mencer. Obra poética I. Volumes editados 1970-2006 (Alvarellos Editora), o primeiro dos volumes que presentará a obra poética do escritor lugués Darío Xohán Cabana (1952-2021). Angueira é o editor desta publicación de 746 páxinas que recolle a poesía editada en vida polo autor, uns quince libros que comeza con Verbas a un irmao (1970) e remata en Cabalgada na brétema (2006). Alvarellos Editora anunciou que a finais de 2026 publicará un segundo volume que reúne a obra inédita e a dispersa do autor.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves