O dúo vigués de metal en galego Dioivo vén de lanzar o seu novo álbum 'Cara os Ceios Incrementes', editado polo selo discográfico grego Sleaszy Rider Records. Como é habitual no grupo, o traballo inclúe diversas adaptacións de coñecidas obras da literatura galega, de autores como DarÃo Xohán Cabana, Florencio Delgado Gurriarán ou Xosé LuÃs Méndez FerrÃn. Tamén inclúe cancións con letras orixinais, sempre escritas en galego. O álbum comeza precisamente coa súa adaptación de "Que importa que nos craven as cadeas", poema de DarÃo Xohán Cabana incluÃdo no seu libro de 1970 'Verbas a un Irmao'. Os vigueses escolleron este reivindicativo poema escrito durante o franquismo para homenaxear ao autor lugués logo do seu falecemento a finais de 2021. O álbum propiamente dito ten unha duración de 48 minutos en 8 cancións, pero o lanzamento inclúe tamén 3 temas extra adicionais, cos que a duración elévase aos 67 minutos. O primeiro deles é precisamente outra adaptación dunha obra da literatura galega, 'Retorno a Tagen Ata' de Xosé LuÃs Méndez FerrÃn, lanzado previamente polo grupo no 50 aniversario desta célebre e influÃnte novela de 1971. No tema, Dioivo contan coa colaboración do propio Méndez FerrÃn, que narra varios pasaxes da obra sobre a música da banda.
O tema Cabeiros, é o lanzamento é video do disco, dirixido por Brais Gómez Salvador e gravado na finca Villa Solita de Alcabre. Este tema destaca no repertorio do grupo polo seu estilo, lento e melódico para o que é habitual no metal que eles practican. No vÃdeo, o dúo interpreta a canción entre as ruÃnas da senlleira casa señorial do século XIX ubicada na parroquia viguesa. O álbum inclúe tamén "Hai sede na Nova Galicia", unha musicalización do poema homónimo de Florencio Delgado Gurriarán co que Dioivo quixo sumarse á celebración da obra do poeta valdeorrés homenaxeado no DÃa das Letras Galegas do pasado ano 2022. O orixinal pertence ao libro de 1963 'Galicia Infinda', e del colleu o grupo o verso que serve como tÃtulo deste novo álbum.
Outro tema extra incluÃdo no lanzamento de 'Cara os Ceios Incrementes' é "Unha de guerra", no que Dioivo fai versión desta canción do grupo punk vigués Desvirgheitors coa colaboración da baixista orixinal do grupo, Pili Dios. Desvirgheitors, pioneiros da escena da cidade en estilos como o hardcore punk ou o crossover thrash metal, facÃan letras en galego nunha época, a finais dos anos 80 e principios dos 90, na que isto non era habitual nesas escenas. Esta versión foi incluÃda na recente recompilación 'Ferro e Pedra: Homenaxe ós Precursores', lanzada polo DÃa das Letras Galegas 2023 e na que 10 bandas actuais renderon tributo a 10 bandas clásicas xa desaparecidas do rock e o metal de Galicia das últimas catro décadas.
Cuarto traballo da banda
Este novo álbum foi gravado por Dany Soengas, membro de bandas como Atreides ou Lardelúa, no seu estudio DS Audio en Vigo. O deseño do álbum correu a cargo dos arxentinos Core 76 Studio, e foi editado por Sleaszy Rider Records, un selo grego fundado en 1999 e especializado en música metal internacional. Xa está dispoñible en CD e mais en todas as plataformas dixitais. 'Cara os Ceios Incrementes' é o cuarto disco lanzado polo dúo vigués, que xa lanzou previamente dous EPs e mais outro álbum completo, titulados Dioivo I, Dioivo II e Dioivo III. O grupo naceu en 2016, e a súa primeira canción foi tamén unha adaptación dunha obra literaria galega, neste caso o poema "Sempre pola morte esperas" de RosalÃa de Castro. Dende os seus inicios, a formación componse de Daniel Valladares Otero na baterÃa e de Jacobo Mouriño Almeida, exmembro da banda de folk metal Mileth, na guitarra e na voz. Daniel e Jacobo teñen percorrido toda Galicia presentando a súa proposta en directo, e foron finalistas nas edicións de 2016, 2017 e 2022 do concurso Xuventude Crea da Xunta de Galicia, facéndose co segundo premio do mesmo nas dúas primeiras. O dúo avanzou que anunciará axiña as datas de presentación do álbum en Galicia, e tamén no resto do Estado, onde teñen tocado en localidades como Segovia ou Amurrio.