De "punto de partida para deseñar unha estratexia" para o teatro galego de cara a 2030 cualificou Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, as Actas do I Congreso Internacional do Teatro Galego. A sede desta institución en Santiago de Compostela acollía na mañá desde 10 de febreiro a presentación deste documento de máis de mil páxinas no que se repasa a situación e as historia desta disciplina artística ao tempo que se propoñen mudanzas fundamentais para garantir o seu futuro.
Deseñando horizontes. Situación actual, orixe e planificación do futuro do teatro galego é o título da publicación que recolle os debates e propostas que se desenvolveron ao longo do I Congreso Internacional do Teatro Galego que a Academia Galega de Teatro organizou no pasado 2020 e que agora está dispoñible no web do Consello da Cultura Galega (CCG).
A necesidade repensar a escena
Dolores Vilavedra, secretaria do CCG e compoñente da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais desta institución, apuntou na presentación o "momento fundacional" que supuxo o Encontro do Teatro Profesional de 1988, en cuxo ronsel se organizou este I Congreso Internacional. Do mesmo xeito que aquela cita definiu en grande medida a situación actual desta arte no país, a nova publicación pretende ter un valor programático que responde á necesidade de "volver a pensar todo" a atender ás múltiples mudanzas da arte e da propia sociedade, segundo lembraba Vilavedra. "A atención á diversidade, a multiculturalidade, a sustentabilidade ou a inclusividade do público non eran cuestións que estivesen presentes nos anos 80". Canda a estas mudanzas sociais, e segundo aseguraba Eduardo Alonso, vicepresidente da Academia Galega do Teatro, no tempo pasado desde aquel encontro pioneiro "avanzouse moito, antes non había axudas de administracións nin se sabían cales debían ser os criterios para as conceder, tampouco existía o Centro Dramático Galego".
Bases para unha estratexia
"Este é un punto de partida cara a 2030" asegurou a presidenta da Academia Galega de Teatro, Imma Antonio, sobre o volume que se presentaba no CCG, a destacar que "cómpre un troco de paradigma e concibir o teatro como dereito e como un servizo público para lle asegurar un futuro brillante". Do mesmo xeito, Eduardo Alonso destacou que "as reflexións derivadas desde Congreso representan un auténtico plan estratéxico para o futuro do Teatro Galego", mentres Vilavedra apuntou que "agora queda ver como responden os responsables políticos a estas achegas". Para a presidenta da Academia estas actas "reflicten os obxectivos da institución: A posta en valor e o coñecemento do pasado do teatro galego, a comprensión e o entendemento so seu presente e a construción dun futuro con alicerces sólidos, sendo conscientes de que somos legatarios dun patrimonio que hai que coidar para as seguintes xeracións".
O ensino e a memoria
Da enorme cantidade de contidos que achega este Deseñando horizontes, Alonso apuntou varios grandes aspectos a destacar. En primeiro lugar apuntou a coincidencia en reclamar a incorporación sistemática do teatro en todos os niveis o sistema educativo. "O uso de teatro como un recurso esencial para formar seres sociais", destacou. Noutra liña, destacou a necesidade de establecer un organismo "que recolla toda a documentación que existe sobre as artes escénicas, un legado que se está a perder e que cómpre recuperar e protexer".
Teatros como espazos de creación
A "redefinición do significado social do propio edificio teatral", é dicir o transformar teatros e auditorios de espazos que reciben contidos a "espazos de creación ao servizo da cidadanía" é outra das reclamacións que se extraen do debate do sector, segundo apuntou Alonso. O vicepresidente da Academia Galega do Teatro lembrou ademais que a maior parte dos espazos para artes escénicas que existen no país son de titularidade pública, e que estes non poden quedan reducidos a "lugares exclusivos de consumo" cultural.
O lugar da creación na administración
A outro nivel, Alonso referiuse ás propostas que Cristina Domínguez, antiga directora do Centro Dramático Galego, realizou no seo do congreso sobre a situación na que se atopa a creación teatral a nivel administrativo. "Desde os anos oitenta estableceuse que as compañías teatrais debían ser sociedades limitadas, o que as sitúa baixo unha lexislación armada a partir da idea de que procuran lucro. Na realidade unha compañía non se constitúe con ese ánimo, senón co de non ten perdas, e cumpre unha función social" que non se axeita a esa figura empresarial. Ademais, a inadecuación desta fórmula, amplamente debatida en diferentes foros, xera importantes problemas burocráticos nas administracións que se relacionan co ámbito escénico.
Unha non-industria cultural
Entre as reclamacións do sector, finalmente, está tamén a reivindicación de que "o teatro non é unha industria cultural", segundo expresou Alonso. "O Congreso partiu dese concepto e apunta que cómpre ir por outra banda. As artes escénicas non son como o audiovisual e, por tanto, requiren un tratamento específico", e adiantou ademais que este é un momento axeitado para modificar as políticas culturais neste sentido. "Agora hai cartos. A Unión Europea achegou 14.000 millóns de euros a España nas axudas pola pandemia e prevese que para o vindeiro ano cheguen 7.000 máis. A falta de fondos non pode ser escusa". O vicepresidente da Academia rematou a súa alocución a reivindicar que "a presencialidade é esencial para o teatro. Está moi ben gravar funcións", sinalou a se referir ás recentes axudas do Instituto Nacional de Artes Escénicas e Musicais para o rexistro audiovisual de montaxes, "pero iso non é teatro".
Os contidos
A publicación artéllase en catro grandes seccións. A primeira, titulada "Experiencia, actualidade e modelos externos" repasa a experiencia acumulada en medio século de profesión teatral no país. Unha segunda parte sobre "O teatro e os públicos" pon o foco en cuestións como a distribución, a investigación, a educación ou a divulgación do feito teatral, con atención específica a espazos como o teatro de monicreques ou o circuíto de escena amadora. O apartado "A creación e os seus procesos" aborda ámbitos como "a formación, os modelos organizativos, a produción ou a programación", mentres o último bloque da obra recolle as comunicacións libres que se presentaron ao congreso. Canda a estes materiais, o volume inclúe tamén o Informe sobre o teatro galego: creadores, xestores e públicos que realizou o Observatorio da Cultura Galega do CCG para o congreso e mais un documento elaborado por Fran Núñez, entón director do Centro Dramático Galego, sobre a perspectiva con que esta entidade encaraba a década 2020/2030.
A complexidade e o músculo
Na súa intervención durante a presentación, Rosario Álvarez lembrou o especial impacto que a pandemia está a ter neste sector e sinalou como a magnitude das análises que agora saen á luz amosan "un importante salto cualitativo" e reflicten "a evolución da complexidade no xeito de pensar no teatro galego". Segundo lembrou Carlos Biscainho, un dos responsables da edición do volume "alén de testemuñar o que se falou no Congreso" e de recoller as achegas que se levaron ao mesmo "o contido destas actas foi reelaborado e contrastado" a partir das sesións deste encontro. Ao seu ver, o Congreso "amosou o músculo das artes escénicas galegas e a capacidade creativa e proactiva dun sector" fronte ao que "os responsables públicos están de costas viradas". Con esta publicación, información non lles ha faltar.