Encher un metro de andel é algo reservado habitualmente a enciclopedias e grandes coleccións editoriais, non é doado de facer por calquera. Á Revista Galega de Teatro levoulle 38 anos conseguilo. Desde os seus inicios en 1983 como Boletín de Información Teatral da Escola Dramática Galega ata o seu cambio de nome a Revista Galega de Teatro (desde 2016 Erregueté -Revista Galega de Teatro). E agora a superación do centenar de números co recente 101 publicado e o 102 xa a piques de presentarse. Esta publicación en papel, que tamén ten un importante soporte dixital, supón na actualidade, malia moitos cambios circunstanciais na súa publicación, a única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas. Cun nivel de especialización que a converte nunha referencia inescusable ao falar do teatro en Galicia e a súa hemeroteca en todo un percorrido pola historia recente (ou non tanto) da escena galega.
A achega da revista ao sistema teatral foi obxecto neste percorrido de múltiples recoñecementos, desde o Premio Xiria ao Labor Teatral en 1993 ata os premios Fegatea (2010), Abrente (2013) ou Marisa Soto (2018) e o máis recente fai uns poucos días, o Premio da Crítica de Galicia 2021 da modalidade de Artes Escénicas para o seu número 100. O xurado salientou que a Revista Galega de Teatro. Erregueté en 2020 chegou ao número 100 con grande esforzo e sen apenas subvencións. "É a única revista en galego de teatro e con escasos recursos logran estar en todas as representacións, atender a todos os xéneros e facer unha crítica seria e profesional. Erregueté é máis que unha publicación, converteuse nunha fonte excepcional de documentación dende 1983", destaca o xurado na súa acta. Ese número 100 está cualificado de "volume bisagra que marca o inicio dunha nova etapa, unha nova directiva que ten por diante o labor de manter en pé esta iniciativa e afrontar os desafíos do novo século no teatro galego".
Levar a cabo ese movemento de bisagra e sacar adiante o número 101 foi cousa dun equipo encabezado por Afonso Becerra de Becerreá, que colleu os mandos en 2020, despois da renuncia de Vanesa Sotelo e Manuel Xestoso que estiveran os anteriores catro anos á fronte da revista nos que acometeron grandes cambios no deseño e concepción. A pesares desta lonxevidade a vitalidade da revista pasou nalgúns momentos por circunstancias complicadas, que fixeron moi difícil a súa viabilidade, provocando cambios na súa periodicidade e múltiples chamamentos, tanto da dirección anterior como da presente, para acadar o apoio de institucións e lectores a este proxecto editado pola Asociación Cultura Entre bambalinas. Unha asociación cultural sen ánimo de lucro, na que a xente colabora e traballa de xeito desinteresado. Afonso Becerra fará este 20 de novembro un ano á fronte da revista, malia ter estado no seu Consello de Redacción durante 16 anos as cousas vénse diferentes cando hai que poñerse a tomar as decisións editoriais e de organización dunha publicación. Falamos con el da saúde actual da Erregueté, do seu peso no contexto teatral galego e dos seus retos de futuro.
CG: A Revista Galega de Teatro - Erregueté leva 37 anos e 102 números divulgando a información das artes escénicas. ¿Que supón para un sistema teatral como o galego ter unha publicación como esta?
Agora mesmo é a única revista de artes escénicas propia dunha comunidade autónoma no Estado, houbo outras nalgún momento pero desapareceron. Agora mesmo a RGT é a única. Ter o fondo dos seus 102 números supón ter a enciclopedia das artes escénicas de Galicia, é o único sitio onde podes ir consultar a historia do teatro. Agora mesmo se agora alguén busca a historia da pintura terá os seus libros de consulta, se buscan a historia do teatro terán que ir a eses números, porque aí está desde os anos 80 ata hoxe o máis importante do que aconteceu nos escenarios de Galicia e incluso dos do norte de Portugal está recollido na Revista Galega de Teatro - Erregueté.
Aí está a memoria das artes escénicas, o centro de documentación teatral son as páxinas da revista e é por esa razón pola que que estea en cor é moi importante, porque os textos levantan acta e recollen a memoria dunha arte que é efémera e as imaxes tamén, doutro xeito. Ás veces dúas fotos dunha montaxe teatral ou dunha montaxe de danza danche moitísimas pistas do que era a nivel de estilo, ás veces dáche máis que o propio texto do artigo. Se esas fotos son de calidade e están en cor é fundamental. Neste número 102, respecto ao 101 eu quixen aínda apertar un pouco máis e facer unha crítica desde dentro, de dicir que non poden ir tantas fotos de xente falando, sentada en mesas ou dando conferencias: hai que meter máis fotos de espectáculos. As fotos de espectáculos son fotos de pezas de arte e esta é unha revista de espectáculos, hai que intentar que o 85 ou 90 por cen das imaxes que vaian na revista, incluso nunha entrevista, sexan de espectáculos. Necesitamos documentación visual, de imaxes. Nesta 102 creo que o conseguimos, só hai un artigo sobre unhas xornadas onde si que se ve xente pero o resto son todo imaxes de espectáculos.
CG: ¿Con que outras novidades chega a revista ao número 102?
A novidade importante do número 102 é que ademais de publicar a revista empezamos a ser editora de libros de textos. A RGT xa leva publicados en moitos anos 75 ou 80 textos teatrais, galegos, orixinais. Incluso un texto inédito de Vidal-Bolaño que se publicou por primeira vez na revista, de Manuel Lourenzo tamén hai obra... A única obra de teatro que hai de Luísa Villalta foi publicada na RGT. Na colección de textos da RGT hai verdadeiras alfaias. Eses textos aparecían nas páxinas da revista, pero a revista desde o número 101 faise a cor, e se fas unha revista a cor non ten sentido meter despois 60 páxinas só de texto. Entón imos publicar o libro, con ISBN, creamos unha colección de libros e dámoslle un maior prestixio a eses textos, porque non é o mesmo un texto publicado nunha revista con ISSN que un publicado con ISBN. Aí hai outro obxectivo de contribuír ao prestixio dos textos teatrais. E digo "textos teatrais", que non literatura dramática, e dígoo en sentido positivo, porque xa neste primeiro volume vai ser a primeira vez, que eu saiba, que se publica un texto dunha peza de danza na historia de Galicia. É o de "Bailar agora", unha peza moi simbólica que foi a primeira vez que a danza entrou nos Premios María Casares, que antes só contemplaban espectáculos de teatro, pero estamos no século XXI e o teatro e unha cousa mestiza. Os textos de "Bailar agora", de Marta Alonso Tejada, arranxados por Roi Vidal forman parte dese primeiro volume, ao lado do texto de "HO me" de Iván Caloto, un texto de literatura dramática realista de temática LGTBQ+. Irán os dous nun mesmo volume deseñado de tal xeito que se colles o libro por un lado tes un texto e polo outro o segundo.
CG: O xiro que dá o teu equipo comezou no número 101 cuns importantes cambios respecto a todo o anterior, tanto no deseño como na creación de seccións fixas de outras artes escénicas máis alá do teatral
Foi a revisión máis radical de toda a historia da publicación, foi a primeira vez en 38 anos que saíu a toda cor e ademais lle metemos un meneo á revista, porque eu pensaba: isto non é unha revista científica, non é unha revista de universidade con revisión por pares, é unha revista de divulgación, do sector e das persoas que lles interesen as artes escénicas, non só dos profesionais. Entón hai que facer unha revista atractiva, que a collas e che guste, máis sendo unha revista de artes escénicas, onde a forma é tan importante e tan elocuente. Non pode ser que fagas unha revista que pareza unha folla parroquial.
A min parecíame unha eiva que na nosa revista saían de vez en cando algún artigo sobre títeres, igual que sobre a danza ou o circo, pero de xeito esporádico. Podían aparecer nun número e non aparecer noutros dous, era moi irregular e eu vin que iso non podía ser. Aquí todas as modalidades escénicas teñen que estar atendidas de tal xeito que eses sectores sintan que a revista é un referente, tanto o sector profesional como o público ao que lle gusten. Eses foron os cambios que quixen facer desde a dirección a nivel de contido. Que houbese esas seccións fixas. Igual que tamén fixen a proposta de incluír unha sección de investigación tras propoñer un monográfico sobre ese tema e ver que había moito material xa que hai diferentes xentes que fixeron teses doutorais, mestrados e traballos de fin de grado sobre artes escénicas que non se estaban a difundir, esixindo que os artigos que nos manden sexan divulgativos e agradables, non científicos.
Eu vía que era unha revista na que se privilexiaba o teatro en formato convencional, o teatro de texto e que as outras artes escénicas aparecían de cando en vez. Agora temos unha sección de investigación en artes escénicas, unha de artes circenses, outra de danza e artes do movemento, outra de teatro de obxectos figuras animadas... Na RGT era xa onde máis había información de todas estas modalidades, pero aínda así a súa presenza era residual e esporádica, o que eu fixen foi un exercicio de discriminación positiva. Agora esta é unha plataforma de divulgación para conectar coas compañías, amadores e espectadores.
CG: ¿Canta xente está a colaborar para sacar adiante cada número da RGT?
A RGT segue facéndose en réxime de voluntariado, está a equipa directiva , que somos Ana Abad máis eu e logo a equipa de traballo na que estamos tamén os dous e ademais Javier Lojo e Ernesto Is, este sobre todo na edición dixital. Tamén con Iván Fernández, que escribe sobre todos os espectáculos que ve e ao día seguinte tamén ten a crítica feita. Logo está o Consello de redacción, que ten un rol máis consultivo. Nel hai especialistas en diferentes ámbitos, está por exemplo Belén Brandido que asesora na sección artes circenses, para coidar que a revista sexa unha referencia para a xente que lle interesa o circo; no apartado de danza e artes do movemento, está Sabela Mendoza, unha persoa especializada niso, do mesmo xeito que Nieves Neira, que está en Lugo, unha zona que quedábanos un pouco a contramán para cubrir e ela tennos ao corrente, envía notas de prensa ou fai crítica de espectáculos feitos en Lugo, vai publicar unha neste 102; tamén está Comba Campoi, xornalista que fixo a revista Escaramuza, da AAAG, e que está especializada na escena de monicreques, por exemplo.
CG: vai facer agora un ano que asumiches a dirección ¿Con que retos te atopaches ao asumir a dirección da revista?
O reto máis grande tivo que ver coa precariedade. Como organizar un traballo cando se fai roubándolle o tempo ao outro traballo que nos dá de comer. Porque todas as persoas que están traballando na revista estanlle dedicando moitas horas e quitándoas dos seus traballos e vidas.
Eu non me podo queixar porque no ano que levo na dirección da revista a publicidade e o apoio foi 'in crescendo' ata un punto que saneamos as contas da revista, porque aumentamos as subscricións e conseguimos publicidade e algún convenio. A páxina web nunca estivo tan activa como este último ano a nivel de contidos e deseño. O balance deste ano é moi bo. A xente respondeu, subscribíronse máis, AISGE respondeu, AGADIC respondeu. Había moitas cousas en vía morta que respondían a unha crise e iso houbo que intentar remontalo. Eu creo que se remontou pero non hai nada asegurado.
A final de ano imos facer contas, a revista está economicamente saneada, que estaba endebedada, e agora cando saquemos o 102 quero gardar o diñeiro necesario para facer o número 103 e co resto facer un reparto que vai ser un pago simbólico a esta equipa, que son os que fan a revista, que a están maquetando, facendo notas de prensa, atendendo aos correos, as subscricións.... Non o considero un pago xusto en absoluto co traballo que se leva feito, é unha cantidade simbólica e necesaria. O meu obxectivo é que a revista se vaia profesionalizando e creo que non é unha loucura, creo que o podemos conseguir. Eu, como director e presidente da asociación cultural que a edita non debo eticamente cobrar e non vou facelo.
CG: ¿Como cualificarías que están apoiando as institucións e o sector profesional a revista?
Polo de agora é insuficiente, pero aumentou moito respecto aos últimos tempos. Eu levo na revista 16 anos no Consello de Redacción pero nunca estiven na primeira liña de fogo, escribía os meus artigos e ía a reunións pero eu creo que nunca houbo tanta publicade e tanto apoio e iso conseguímolo en menos dun ano. Eu creo que se traballas obtés resultado, se te pos en plan serio e se das algo, recibes algo a cambio. Na última revista a saír, a 102, o número de subscritores aumentou bastante respecto aos que había. A nivel de publicidade hai un convenio con AISGE, que xa o había; hai outro convenio con AGADIC, que deixara de haber desde os tempos de Fraga e tamén do bipartito e agora volveu habelo. Tamén está o Concello de Lugo e o de Vigo, que ten contratada a contracapa da revista xa desde a época anterior para VigoCultura.
Pero para min é unha anomalía que os teatros municipais, agás o Teatro Municipal de Vigo, non estean colaborando coa revista. A min, que o Rosalía de Castro da Coruña, o Jofre de Ferrol ou o Teatro Principal de Ourense tiveran publicidade na Revista Galega de Teatro paréceme de caixón... Eu creo que os teatros municipais e das deputacións, tendo unha revista de referencia das artes escénicas autonómicas que non é un invento novo, que vai cumprir corenta anos, deberían estar presentes e abrir unha vía de colaboración. Ata o teatro de Viana do Castelo pon publicidade e mantennos informados da súa actividade. A publicidade nesta revista é algo máis, non é publicidade de lavadoras.
CG: ¿Como cres que está a situación da cobertura das artes escénicas nos medios públicos e privados de Galicia?
Está moi empobrecida. En NÓS Diario gañamos un espazo ao ter a Xestoso traballando alí, si que ten unha atención e críticas regularmente, pero é o único se mal non me lembro ,onde o hai. Noutras revistas de cultura, TEMPOS NOVOS, Luzes de Galiza, Grial, si hai espazos, pero na prensa diaria, que eu saiba, ningunha cabeceira existen as artes escénicas, nin crítica dos espectáculos ou nada máis alá dunha nota de cariz publicitario.
Nos medios públicos, na RTVG, é insuficiente o espazo dedicado á cultura en xeral, así que xa non che digo nada ás artes escénicas en concreto, que é moi deficiente e reducido. Na Radio Galega está o Diario Cultural , que son moi pequenas pílulas en diferentes días. O ZigZag Diario está na TVG2 media hora diaria e aí se fala de todo da cultura, e logo coidado, que en xuño acábase. Igual que se fose parte do curso escolar, de xuño a mediados de setembro non hai ZigZag Diario na TVG coma se non houbera cultura. Entón a TVG non está en ningunha das citas superimportantes que hai de danza e teatro no período estival, como a Mostra de teatro de Ribadavia, a de Cangas o Corpo a Terra e outras moitas. Por poñer un exemplo, cando foi a inauguración da MIT, estaba o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, pero non había unha cámara, se fóra a festa do pulpo si que as habería. As festas culinarias son cubertas polos medios públicos, atenden ás paparotas pero non atenden á cultura. Non é politiqueo, é unha descrición da realidade.

BECERRA: "TER O FONDO DOS SEUS 102 NÚMEROS SUPÓN TER A ENCICLOPEDIA DAS ARTES ESCÉNICAS DE GALICIA"