A maior parte da muralla de Monforte pasa a ser propiedade municipal

O concello quere poder acceder a liñas de subvencións para a súa recuperación

4/2/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A muralla de Monforte preserva 800 metros de perímetro que agora pasarán a ser inscritos, na súa maior parte, no inventario de propiedades municipais, segundo publica hoxe La Voz de Galicia. Existe outra pequena parte que pertence a Turespaña, e que a Casa de Alba cedera ao organismo estatal en 2003. Está vinculada ao Parador de Turismo e a intención de Paradores e o concello é que se restaure tamén. O obxectivo do alcalde é tentar acceder a subvencións para poder executar proxectos de restauración e consolidación. A muralla conta cun Plan Director desde 2008 aínda sen iniciar.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, La Voz de Galicia

Claves

Entidades
Conceptos