Muxía terá o seu parador logo dun acordo entre Xunta, Turespaña e concello

O proxecto anunciouse despois do desastre do Prestige

| Santiago. Redacción | Seccións: Turismo
Compartir:

O alcalde de Muxía acudiu a Fitur, feira de turismo que se desenvolve en Madrid, a promover o seu concello e volveu co compromiso escrito de que, por fin, contará co duodécimo Parador. Foi a gran promesa do Prestige que esmoreceu co tempo. Onte, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, o alcalde do Concello de Muxía, Félix Porto e o director xeral de Turespaña, Antonio Bernabé asinaron o documento que permitirá construir o complexo hostaleiro. Cultura achegará 312.000 euros que se xuntan ao 90.000 xa pagados con anterioridade logo de que a Xunta anunciara a súa intención de cancelar a licitación do proxecto por irregularidades. O edificio, deseñado polo arquitecto vigués Alfonso Penela, ten un orzamento de 24 millóns de euros.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Muxía, Prestige, Turismo, Roberto Varela...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares