“A integración do proxecto nun espazo singular, a funcionalidade dos accesos e o deseño dos volumes do edificio acorde coa orografÃa da zona” son os valores que destacou MarÃa José Caride, conselleira de PolÃtica Territorial, do proxecto de Alfonso Penela Fernández. Ou o que é o mesmo do arquitecto gañador do concurso para a construción do parador de MuxÃa. Despois da aceptación por parte do Penela, a seguinte fase é a sinatura do contrato no que se concretarán os prazos e a posterior licitación e adxudicación das obras a cargo do Instituto de Turismo de España (Turespaña). A contÃa das obras ascende a 20 millóns de euros e permitirá converter o centro nun centro de talasoterapia con 90 habitacións e ximnasio. Deste xeito desbloquéase a construción do parador que levaba seis anos parado.