neofalantes.gal: na procura da conexión entre todos os novos falantes da lingua galega

O proxecto está organizado polo Grupo de Novos Medios da USC e promovido pola Xunta

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

neofalantes.gal é o título dun novo proxecto concibido desde o grupo de investigación en Novos Medios da Facultade de CC. da Comunicación da USC e financiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística que ten o obxectivo de "impulsar e poñer en valor o neofalantismo e as conexións do galego co mundo da empresa e da lusofonía". Trátase dun proxecto a tres anos, do cal xa se presentou onte un "portal de noticias que pretende servir de nexo de unión da comunidade neofalante en galego". O proxecto incorpora noticias sobre lingua, investigación, opinión e moita presenza en redes sociais. Na vindeira fase, o proxecto ofrecerá "unha ferramenta tecnolóxica interactiva que funcionará a xeito de rede social entre a comunidade neofalante e favorecerá a creación de comunidades virtuais de todo o mundo que empreguen o galego". Na terceira fase, o web contará cunha "área empresarial específica" destinada a conectar a responsables de empresas ou persoas interesadas en crear negocios". neofalantes.gal foi presentado onte na Facultade de CC. da Comunicación.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Lingua galega, Política Lingüística, Lusofonía...