Nace mediamapa.gal para censar os medios galegos

O proxecto fora premiado coa bolsa "Nacho Mirás" para novos titulados

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Mediamapa.gal foi un proxecto financiado pola bolsa "Nacho Mirás" para novos titulados de 2016, organizada e desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. De acordo co Colexio de Xornalistas: "MediaMapa.Gal procura construír unha cartografía do conxunto dos medios de comunicación en Galicia. (...) recolle os datos de case 150 medios de todo o territorio galego, situados xeograficamente e clasificados polas súas características". O proxecto está promovido por Cruz Negreira, xornalista e doutoranda en Comunicación e Información Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medios de comunicación, Abanca, USC, Universidade de Santiago de Compostela...