A quinta edición da bolsa Nacho Mirás para novos titulados en xornalismo ten xa proxecto gañador. César Fieiras Ceide foi seleccionado polo xurado desta convocatoria coa súa proposta éDeporte, que se define como "un novo medio de comunicación dixital que narra historias de deporte galego, en galego, a través de pezas audiovisuais orixinais que se distribúen na súa páxina web e redes sociais". Esta convocatoria, que organiza o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia co patrocinio de Abanca e a colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, está dotada con 6.000 euros para a posta en marcha do proxecto galardoado. O novo medio "pretende ser a referencia do deporte galego na rede, unha plataforma versátil cuxa proposta de valor narrativa e estética mestura tradición e vangarda".
O proxecto, segundo recolle o Colexio de Xornalistas, "adáptase ás novas modalidades de consumo de información dos usuarios, ademais de ofrecer unha selección temática baseada nos gustos, peticións e intereses que identifica na conversa cos seus seguidores en redes. Ningún deporte nin deportista queda excluído da axenda do medio, caracterizada polo seu carácter global e inclusivo".
Segundo apunta o Colexio, canda a Fieiras como director, Paula Avendaño Liste e Lucía Cancela Martínez, "serán as directoras de produción e contidos na rede, respectivamente. O resto do equipo está formado por Jorge Hernán Díaz, estudante de último curso do Grao en Comunicación Audiovisual da USC, que traballará na cámara, montaxe e postprodución, e Alejandro Gómez Fernández, graduado en Xornalismo pola USC que se encargará da foto-fixa". O medio contará tamén con Íñigo Rolán Taboada como director de fotografía.
Ainhoa Apestegui, Isaac González, Darío Janeiro, Xosé López, Xosé Manuel Pereiro, Francisco G. Sarria, Xoán Soler e Fernando Varela foron os responsables da selección de proxectos para a bolsa.