Ultímase o lanzamento de Dioivo, un novo proxecto xornalístico en galego

Está aberto o prazo para realizar achegas económicas ao proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Un medio de comunicación, dixital e en galego. Esta é a proposta de Dioivo, a cabeceira que un grupo de xornalistas "parados de diferentes grupos de comunicación" está a ultimar e que verá a luz en breve. Segundo explican no seu web, o novo medio funcionará baixo a forma dunha asociación cultural e pretende achegar "reportaxes, crónicas, entrevistas, blogs, humor gráfico, vídeo, opinión... que cuestionan, desde o medio dixital, a vixencia dos xéneros e de certos tópicos informativos".

Nos últimos meses os responsables da iniciativa están a desenvolver unha campaña publicitaria na rede para dar a coñecer o seu proxecto mediante videos promocionais.
Os interesados en participar poden facerse socios cunha cota mínima de vinte euros ao ano ou ben realizar un ingreso na conta do proxecto. Polo momento non hai anunciada unha data de lanzamento.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Humor

Claves

Conceptos