Hoxe á mañá presentouse no Consello da Cultura Galega a un grupo de representantes do sector cultural e da opinión a iniciativa dun novo medio dixital en galego: Praza Pública, da man dos seus promotores, Manuel M. Barreiro, Filipe DÃez e Marcos Pérez Pena. Os responsables concretaron a idea do seu medio dixital, que definiron como "eminentemente xornalÃstico" e defenderon a existencia dun nicho de mercado "para este proxecto e outros coma este".
DÃez destacou cales van as ser as fórmulas legais e de financiamento do medio. "Optamos por unha Fundación polo seu caracter de non ter ánimo de lucro. Os beneficios reinvestiranse no proxecto e ten importantes vantaxes fiscais para nós e para os que colaboren connosco. Renunciamos ao reparto de dividendos". Na visión organizativa que propoñen, Praza Pública poderá recibir achegas económicas de terceiras partes que lles outorgarán dereitos ou beneficios aos doantes, como a participación nos órganos de decisión ou asesores da fundación ou a creación dunha rede de establecementos colaboradores na que os doantes disporán de determiandos beneficios (como descontos).
Os promotores sinalaron que Praza pública comezará a funcionar cando obteñan a cantidade económica precisa para poder subsistir seis meses con beneficios cero. DÃez sinalou que este paso producirase "posiblemente en xaneiro de 2012".
Un aspecto relevante que sinalaron os promotores é o feito de que Praza Pública creará produtos adicionais con editoras e outras entidades en papel, como unha revista mensual co mellor do aparecido no web, un Anuario e outros produtos que permitirán, segundo os organizadores, diversificar as fontes de financiamento.