Está xa na rede o proxecto Entrelinguas, unha "reportaxe multimedia que pretende achegar ao público unha visión conxunta das diferenzas lingüísticas de Galicia, a través das diversas áreas dialectais que a conforman". A iniciativa, que se fixo coa cuarta edición da bolsa Nacho Mirás para novos titulados en comunicación, "procura reflectir a variedade histórica, cultural, social, natural e etnográfica do territorio galego mediante o labor xornalístico en trece concellos da comunidade". Vídeos, fotografías, historias de vida e outros contidos sobre espazos seleccionados das diferentes áreas lingüísticas achegan unha completa visión sobre a realidade da fala no país. Alejandro Vázquez Corral, Sara Barreiro Álvarez e Antonio Méndez Rodríguez asinan este proxecto, que recibiu 6.000 euros para a súa realización.
A presentación de Entrelinguas coincidiu tamén coa apertura do prazo para a V bolsa Nacho Mirás para novos titulados, que está aberta á inscrición de proxectos ata o vindeiro 30 de abril.
A presentación de Entrelinguas coincidiu tamén coa apertura do prazo para a V bolsa Nacho Mirás para novos titulados, que está aberta á inscrición de proxectos ata o vindeiro 30 de abril.