Nace o xornal dixital en galego 'As Nosas'

O medio aspira a ser o xornal de referencia en información sobre deporte feminino

O medio aspira a ser o xornal de referencia en información sobre deporte feminino
Equipo de As Nosas
Un novo medio profesional de comunicación dixital en galego presentouse nestes primeiros días do 2020. As Nosas.gal, ven encher un oco informativo sobre o deporte en Galicia desde a a perspectiva da grande importancia feminina nese eido das nosas vidas. Tratase dun medio dixital no que as mulleres son as protagonistas e que está dirixido a toda a sociedade galega, non só ao segmento feminino. Creemos que o deporte ten un público desexoso de consumir información máis aló do xénero de quen o practique. A xornalista galega Silvia Carregal (A Coruña, 1973) lidera, como directora, un equipo conformado por tres redactores e que estará reforzado polos departamentos de deseño, fotografía, edición audiovisual e redacción de Ártabra Comunicación, empresa editora de As Nosas. Desde súa liña editorial, As Nosas pretende aportar unha visión de xénero que fomente na sociedade valores de igualdade, sororidade, respecto, superación, e competitividade sá. No relativo ao alcance As Nosas contempla información tanto local coma nacional e internacional cubrindo ademais un amplo espectro de disciplinas deportivas. Informar, Visibilizar e Empoderar son as tres ideas de base para a súa actividade.

Ligazóns