A Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra veñen de asinar un convenio para poñer en marcha a Cátedra de feminismos 4.0 coa que fomentarán a perspectiva feminista na sociedade dixital. Evitar que no espazo dixital se reproduza e amplifique a desigualdade de xénero que persiste na sociedade e incrementar a presenza feminina nas áreas científico-tecnolóxicas (STEM) das que agora mesmo o alumnado masculino representa o 75%, son os dous obxectivos fundamentais desta cátedra. A Cátedra desenvolverá unha serie de accións relacionadas con tres liñas de actuación fundamentais: a realización dun seminario anual sobre feminismo e STEM, coa participación de investigadoras e enxeñeiras de referencia, en coordinación coa Escola de Igualdade María Vinyals da Deputación e a Universidade de Vigo; a creación de bolsas para investigadoras para a realización de estadías de investigación en centros relevantes con perspectiva de xénero e a promoción dunha epistemoloxía científico-tecnolóxica con perspectiva de xénero e feminista, na que se favorezan liñas de investigación e innovación dirixidas a mudar desigualdades que se reproducen nas redes sociais, ademais de buscar estratexias destinadas a rematar co denominado machismo dixital.
A directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo. Águeda Gómez incidiu na necesidade formar persoas expertas que desde a epistemoloxía feminista esperten o sentido crítico da cidadanía e fomenten usos tecnolóxicos inclusivos, "oxalá que esta cátedra axude a hackear o patriarcado e colorear de lila os contidos dixitais e converta a nosa sociedade nun espazo máis xusto para todas e todos", dixo Águeda Gómez durante o acto de sinatura do convenio e presentación da cátedra Feminismos 4.0.