Desde hai más de un século existen medios de comunicación galegos pero... a ¿súa visión é relevante para o noso futuro como sociedade? ¿Son os medios de comunicación espellos da sociedade? Desde que aceptamos que a sociedade está globalizada, os medios de comunicación propios deben favorecer a creación dun discurso identitario que permita o acceso das culturas ás correntes de información global.
"Nestes anos avanzouse na creación dun sistema mediático propio e puxéronse elementos para construÃr un espazo galego de comunicación. Agora hai que dar un salto adiante para facer realidade ese proxecto". Esta foi unha das principais conclusións que Xosé López, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación, e director das XXII xornadas "Mar por Medio" leu como colofón ao traballo feito en tres dÃas. E para crear ese espazo de comunicación cómpre traballar en varias direccións: en primeiro lugar desde os propios medios, para que respondan ás necesidades dos seus cidadáns e que o espazo galego de comunicación pase de proxecto a realidade para garantir a presenza informativa de Galicia no mundo; e en segundo lugar, conseguir trasladar esta mensaxe aos cidadáns para que dispoñan dun mellor criterio sobre a comunicación e para que poidan contribuÃr a consolidación dun sistema e dun espazo propio.
As conclusións
Mais hai máis conclusións nestas xornadas que organizaron o Consello da Cultura Galega e o Concello de Ribadeo. A primeira, e como piar para o resto das reflexións, céntrase en que "a desaparición das fronteiras non elimina outros lÃmites espaciais, económicos, simbólicos ou culturais, onde os usuarios constitúen formas de diferenciación social". E manter esa diferenza implica, alén do esforzo nas liñas descritas antes, a necesidade de "pensar estratexias de comunicación que pasen por redefinir e reformar os medios propios de titularidade pública e por asentar un modelo propio de medios privados, cunha póla maioritaria de medios en lingua galega e comprometidos na modernización do paÃs". Soamente tendo conciencia da nosa especificidade e da nosa singularidade se poderá crear un espazo propio que o público poderá sentir como seu e para autoreferenciarse. É a forma de destacar o feito diferencial galego, o impulso do local fronte á voráxine globalizadora da sociedade da información.
As xornadas
Teóricos da comunicación e profesionais de radio, prensa, internet e televisión expuxeron a singularidade e a especificidade de cada un dos medios e a súa achega á contribución dun espazo propio. Xosé Soengas (da USC), Fidel Fernán (TV7 Sur), Mercedes Vázquez (Televinte), Xosé Manuel Vega (decano do colexio de xornalistas) na televisión; Xosé Ramón Pousa (profesor da USC), Manolo RodrÃguez (profesor da USC), Enrique Sanfiz (Radio Fene), Xavier Otero (Radio Galicia-Cadena Ser) na radio; Alfonso Eire (A Nosa Terra), Basilio GarcÃa (Tempos Novos) e Fernando Salgado (La Voz de Galicia) ofreceron a súa visión do panorama actual da prensa.
No caso dos cibermedios, precedidos por unha ponencia do profesor Xosé Pereira que ofreceu os primeiros resultados dunha investigación que está a elaborar o "Grupo de Investigación en Novos Medios" da facultade de Ciencias da Comunicación, sentouse pé ao debate. En primeiro lugar, porque os representantes dos medios privados presentes no evento (Vieiros, Xornal.com. e Galiciadixital) avogaban pola necesidade de cobrar polo acceso aos contidos, como unha forma de garantir a súa pervivencia e, en segundo lugar, porque discreparon sobre a verdadeira dimensión dos medios de comunicación en internet, aos que lle outorgaban papeis diferentes. En todo caso, tanto os tres medios privados como culturagalega.org, como medio ao abeiro dunha institución pública, destacaron o valor da lingua como un elemento identitario clave e imprescindÃbel dentro da produción da información.
E un valor máis
O Congreso tamén destacou o papel da cultura galega, da necesidade e o valor engadido dunha sección como a de opinión, a importancia da ciencia e da tecnoloxÃa dentro dos medios de comunicación, asà como a importancia do documental como unha opción de futuro. De todas maneiras, como o propio director do curso apuntou na súa intervención final, "Galicia avanza na creación dun sistema mediático propio".