asementeira.gal, un espazo para descubrir os novos talentos da comunicación

Está promovido pola Facultade de Ciencias da Comunicación da USC

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Imaxe de arquivo da factoría baleeira no documental Caneliñas. A costa das baleas

Imaxe de arquivo da factoría baleeira no documental Caneliñas. A costa das baleas

A Facultade de CC. da Comunicación da USC promove asementeira.gal, un "espazo para a innovación do xornalismo e da comunicación en galego, especialmente pensado para as xeracións nativas dixitais". Trátase dun repositorio de proxectos dos alumnos da facultade, clasificado por formatos (documental interactivo, audiovisual, etc.) e por tipos (entretemento, ficción, etc.) "pensado tamén para que o sector profesional descubra novos talentos na creación de contidos informativos e comunicativos". O proxecto permite acceder a unha gran diversidade de produtos dixitais finalizados de todo tipo de temáticas.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Xornalismo, Documental

Claves

Entidades