Un foro analiza as posibilidades dos contidos dixitais para os novos medios

O encontro terá lugar os días 9 e 10 de xullo en Santiago

25/6/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A televisión dixital (TDT), o novo marco regulador do sector audiovisual, os contidos multiplataforma, a animación dixital e os videoxogos e a rendibilidade do negocio audiovisual son os contidos do foro Novos Medios e Contidos Audiovisuais-NovoMed 09 que organiza Agapi. O encontro terá lugar os días 9 e 10 de xullo na Facultade de Ciencias da Comunicación e reunirán a expertos e profesionais que están a traballar no desenvolvemento de proxectos innovadores.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TDT, Animación, AGAPI, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)...