Un foro analiza as posibilidades de negocio dos contidos audiovisuais nas novas tecnoloxías

A cita organizada por AGAPI desenvólvese en Santiago os días 9 e 10 de outubro

9/10/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Expertos e profesionais no campo do sectores audiovisual e das telecomunicacións falarán ata mañá en Santiago sobre as novas formas de distribución e de consumo audiovisual. A cita está organizada por Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) e divídese en cinco mesas de traballo: dixitalización de contidos, canles de distribución, exhibición dixital, explotación baixo demanda, novos formatos para novos medios e oportunidades de negocio. Este encontro especializado inclúe desde espazos de reflexión ata o coñecemento de experiencias concretas a cargo dos propios axentes que as desenvolven.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AGAPI, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI)