Agapi analiza os efectos da dixitalización cunha xornada

A cita, de carácter gratuíto, terá lugar o 12 de marzo

26/2/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Os contidos transmedia, a social tv, a innovación e a creación, os hábitos de consumo… estes son algúns dos efectos da dixitalización do sector audiovisual. E de todos eles falarase nunha xornada que a Asociación Galega de Produtoras Independentes, Agapi, celebrará o vindeiro día 12 de marzo.

A xornada conta cunha achega do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, máis apoio de de EGEDA (Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales) e da USC (Universidade de Santiago de Compostela). Eduardo Prídanos, José Antonio Velo, Enríquez de Salamanca e Darío Janeiro son os expertos convidados para falar do tema.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AGAPI, Educación, Ministerio de Educación, USC...