Un estudo do Consello da Cultura revela que os galegos queremos unha maior presenza da nosa lingua nos medios

Galego e medio

28/9/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Unha maior presenza do galego nos xornais ou a preferencia maioritaria porque os novos medios impresos se expresen no noso idioma son algunhas das tendencias que revela o estudo "A lingua galega nos medios de comunicación" que presentou esta mañá o Consello da Cultura Galega. Esta análise, desenvolvida pola Sección de Lingua desta Institución, fai parte do proxecto de investigación "O proceso de normalización do idioma galego 1980-2000: Medios de comunicación" que se prevé estea publicado a comezos do ano 2005.

Máis información no web do Consello da Cultura; descarga o informe en formato PDF na nosa biblioteca

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medios de comunicación, Lingua galega, Culturagalega, Consello da Cultura Galega