A Sección de Lingua do Consello da Cultura presenta o terceiro volume da súa investigación sobre o proceso de normalización

A elaboración do galego

12/7/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O Consello da Cultura Galega acollía esta mañá a presentación do terceiro volume do proxecto “O proceso de normalización do idioma galego 1980-2000”. Co título de “Elaboración e difusión da lingua”, esta obra, elaborada pola Sección de Lingua recolle os procesos polos que se foi elaborando o idioma para se adaptar a novos empregos e contextos neste período. Neste sentido Henrique Monteagudo, coordinador da obra, apuntou o desenvolvemento do galego para adaptarse aos medios de comunicación e a linguaxes especializados. Coma grande desafío para o futuro, os coordinadores do informe apuntaron a necesidade de afondar na corrección do galego falado e de mellorar a pedagoxía da lingua.

Descarga o volume na nosa biblioteca; máis información no web do Consello da Cultura

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Henrique Monteagudo, Medios de comunicación, Consello da Cultura Galega, Culturagalega...